Duración:
1 hora e 30 minutosDirixido a: alumnado de infantil (4 e 5 anos)http://dl.dropbox.com/u/22728933/ficha_inscricion_pasenino_coa_lingua.pdf
Consiste nunha xincana, na que o xogo se basea en superar correctamente as probas de linguaxe corporal que lles expoñemos co obxectivo de conseguir pezas dun quebracabezas xigante tematizado coa cidade de Vigo e con palabras en galego relacionadas coa nosa cidade e a nosa cultura.
Os tipos de probas abranguen dende un xogo de fichas de elementos de Vigo, probas de imitación, atención e concentración, unha pequena historia da monicreque Mariña, probas de musicalidade e coreográficas coa canción do Pirimpinpín, probas de dramatización... E para rematar, completaremos todos xuntos o quebracabezas Ible Dible, no cal os participantes poderán contemplar a riqueza lingüística e cultural da nosa cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario