Prezados/as amigos/as,
Informámosvos mediante esta comunicación do encontro que onte, luns 23, mantiveron representantes do Consello Directivo da Coordinadora Galega de ENDL con Valentín García, novo Secretario Xeral de Política Lingüística. Como podedes consultar nos anexos que vos remitimos, a CGENDL fíxolle chegar ao novo responsable da SXPL unha serie de demandas e propostas relativas aos Equipos e á situación do galego no ensino e na sociedade.
Entre as cuestións máis urxentes, adiantámosvos que a convocatoria de axudas ao fomento do uso do galego nos centros escolares 2011-2012 será publicada nos próximos días e que as cantidades adebedadas aos centros (exercicio 2011) se pagarán no mes de febreiro.
A necesidade dunha coordinación efectiva, de formación, de defensa do traballo dos Equipos, etc. foron outras das demandas que a CGENDL lle expuxo ao SXPL e que esperamos contrastar coas vosas achegas, valoracións e propostas.
Saúdos normalizadores
CGENDL
ANEXOS
http://dl.dropbox.com/u/22728933/Propostas%20para%20o%20novo%20SXPL%20da%20CGENDL.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario