A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego
dirixida á poboación escolar.
- Ludoteca lingüística
A Ludoteca
Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na
recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e
xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito
eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua
Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as
distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao
mesmo tempo.
Achegaremos,
xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual
dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren
actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas
programacións didácticas.
"Bota
e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos
bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.
Duración: 1 hora e 30 minutos
Dirixido a: alumnado de primaria (5.º)
Lugar de realización da actividade: no propio centro
de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para
calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 70 21 94)
Para
solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega,
o día 19 de xaneiro ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As
solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de
chegada o día 19 de xaneiro a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante:
os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos
que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.
Solicitude de
participación na actividade:
Ludoteca lingüística para
primaria (5.º)
Cubrirase unha ficha por
cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir a
solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 19 de xaneiro
a partir das 9:30 e até as 14:00
Importante: non se aceptarán as solicitudes que non
estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).
DATOS DO CENTRO DE ENSINO:
Nome do centro:
_________________________________________________________
Nome e apelidos da persoa de contacto:
______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a
titor/a do grupo que desenvolve a actividade-
Teléfono de contacto: __________________
Número máximo de
participantes nun grupo: 50
Indicar a preferencia (de 1 a 12) para a participación na
actividade:
Non marquen os días nos
que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder
recibila, non se facilitará outra data.
_____ 26 xaneiro (luns), ás 10:00 _____ 29 xaneiro
(xoves), ás 10:00
_____ 26 xaneiro (luns), ás 12:30 _____ 29 xaneiro
(xoves), ás 12:30
_____ 27 xaneiro (martes), ás 10:00 _____ 2 febreiro (luns), ás
10:00
_____ 27 xaneiro (martes), ás 12:30 _____ 2 febreiro (luns), ás
12:30
_____ 28 xaneiro (mércores), ás
10:00 _____ 3 febreiro
(martes), ás 10:00
_____ 28 xaneiro (mércores), ás
12:30 _____ 3 febreiro
(martes), ás 12:30
Importante: a Concellería
de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro
o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.
Ningún comentario:
Publicar un comentario