xoves, 4 de decembro de 2014

NÚMERO 18 DE OLLOS DE AULA

Prezados/as amigos/as,
Despedimos o 2014 co número 18 de Ollos de aula, a revista que edita a CGENDL para as familias do alumnado:
Nesta derradeira entrega do ano, Belén Escariz Ferrín, mestra de Infantil no CEIP Quintela de Moaña, analiza o primeiro ano de escolarización dos pequenos/as, entanto que Mª Sonia Fernández Casal, profesora no IES Fontexería de Muros, reflexiona nun artigo sobre diversos aspectos da educación masculina que teñen unha grande influencia na reprodución do sexismo, e a psicopedagoga Lines Salgado dá a coñecer outra das numerosas siglas que empregamos no ensino, o RRI. Gracia Santórum achega coma sempre propostas de lectura e ocio que hai ter moi en conta.
Dende a CGENDL agardamos que este novo número sexa do voso interese e das familias, por iso animamos a que o difundades na vosa comunidade educativa e no seu contorno. Que tal probar desta volta a introducir un número de Ollos de aula nas Mochilas Viaxeiras?
Saúdos normalizadores
CGENDL

http://www.coordinadoraendl.org/limiar.php

Ningún comentario:

Publicar un comentario