ACTIVIDADES DE NADAL 2014
10 de decembro
• Charla sobre o Rexurdimento
Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo)
Xurxo Martínez González
Público adulto
Hora: 20:00 h
Información: coñeza e saiba valorar a importancia do propio Rexurdimento na historia de
Galicia e do sinalado papel que tivo Vigo: a publicación de Cantares gallegos, o círculo
social vigués achegado a Rosalía de Castro, a importancia da imprenta de Juan
Compañel, o papel da prensa (La Oliva-El Miño), etc.
12 de decembro
• Babamor
Café de Catro a Catro (Girona, 16)
Larraitz Urruzola
Público familiar
Hora: 18 h
Nesta ocasión Babamá vén de recoller miles de historias que nacen en moitas
familias cheas de amor. En Babamor hai familias grandes e pequenas, familias
diversas envolvidas en toneladas de cariño. Ollos que miran outros ollos, cóxegas
e paseos por xardíns de bolboretas.
A narradora utiliza a técnica da manipulación de obxectos e as ferramentas da
narración tradicionais, xoga a crear atmosferas poéticas, situacións que xorden da
transformación de obxectos e espazos, contribuíndo a iniciarse no mundo dos
contos e do teatro a través da inventiva, da creación efémera e espontánea.
13 de decembro
• Obradoiro de improvisación teatral
Verbum (Samil,17)
Alba Bermúdez
A partir de 6 anos
Hora: 11:30 h (para inscribirse enviar un e-mail co nome completo, teléfono, idade
ao correo actividades.snl@vigo.org)
A través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse inmersos en mundos,
lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que acontecerá todo o que
imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses mundos de fantasía incentivando a
creatividade dunha maneira lúdica.
• Obradoiro de improvisación teatral
Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo)
Alba Bermúdez
A partir de 6 anos
Hora: 17:00 h (é necesaria a inscrición previa na propia asociación veciñal,
chamando ao número 986 43 97 99, de 10:30 a 13:30 ou de 17:00 a 20:00)
Información: a través de estruturas dramáticas os nenos e nenas veranse
inmersos en mundos, lugares, espazos imaxinarios creados por eles e nos que
acontecerá todo o que imaxinen. a docente encargarase de guialos por eses
mundos de fantasía incentivando a creatividade dunha maneira lúdica.
18 de decembro
• Contos do medio co Apalpador
Escaleiras Pescadores (Torrecedeira, 13)
Faia
Público familiar
Hora: 18:00 h
Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das
pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos
do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias
fermosas do bo carboeiro.
19 de decembro
• Contos do medio co Apalpador
Librería Hobbit (As Teixugueiras, 32)
Faia
Público familiar
Hora: 18:00 h
Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das
pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos
do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias
fermosas do bo carboeiro.
20 de decembro
• Vermú regueifeiro
Taberna A Regueifa (San Vicente, 1 -baixo a curva de Elduayen)
Regueifeiros e alumnado do CIOV
Público familiar
Hora: 12:30
Actividades de Nadal de Normalización Lingüística 2 de 7
Chámase regueifa ás cantigas improvisadas en verso, onde dúas ou máis persoas
empregan unha determinada métrica e ritmo nunha disputa verbal sobre un tema
determinado, sempre cun punto de humor. Nesta ocasión o tema das regueifas xirará a
redor do Nadal.
• Contos do medio co Apalpador
Librería Andel (Avda. Camelias, 112)
Faia
Público familiar
Hora:18 h
Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das
pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos
do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias
fermosas do bo carboeiro.
• Unha viaxe polo mundo
Verbum (Samil,17)
As Maimiñas
Público familiar
Hora: 12:30 h (as portas abriranse ás 12:15 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que un
día decidimos saír a camiñar... e andando, andando, andando... polo mundo enteiro
fomos viaxando.
Visitamos altas montañas, grandes desertos, longas murallas... e andando, andando...
aprendemos que o mundo é un lugar precioso, que hai tantas xentes coma músicas, que
hai tantos ritmos coma corazóns diferentes... e aprendemos tamén que a todas e todos
os habitantes deste planeta o que máis lles gusta é o mesmo que a nós: cantar e bailar!
22 de decembro
• Contos do medio co Apalpador
Biblioteca Neira Vilas (Martínez Garrido, 21)
Faia
Público familiar
Hora: 18:00 h
Baixaba o Apalpador a través do bosque montano a traballar e a aledar a vida das
pequechas e pequechos coas súas castañas e xoguetes de madeira. E así, os Contos
do medio a través dun obradoiro boscoso de outono falarán dalgunhas historias
fermosas do bo carboeiro.
• Cantos de Reis
Galerías Colón (r/Colón, 7)
Xandobela
Público familiar
Hora: de 17:00 a 20:00 h
Actividades de Nadal de Normalización Lingüística 3 de 7
Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do
aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas
tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e
costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para
acompañar os cantos.
23 de decembro
• Cine
Verbum (Samil,17)
Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
A tropa de trapo
Duración: 70 minutos
Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 3 e os 7 anos
O día que Mumu descobre un branco rabaño de ovellas pastando no parque onde xoga
cos seus amigos, non pode evitar comparar o seu perfecto branco aspecto co del e dos
membros da tropa. Avergoñada e sentindo envexa das ovellas decide que unha vaca tan
especial non pode perder tempo co grupo de amigos equivocados, Camuflada entre o
rabaño, sobe ao tren que a levará ao país onde sempre brilla o sol, onde aprenderá que
ser diferente é o que nos fai realmente especiais e únicos.
• Cantos de Reis
Local da Asociación de comerciantes do Calvario (San Roque, 109)
Xandobela
Público familiar
Día: 23 de decembro
Hora: de 17:00 a 20:00 h
Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do
aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas
tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e
costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para
acompañar os cantos.
26 de decembro
• Cine: Copito de neve
Verbum (Samil,17)
Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
Duración: 90 minutos
Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 5 e os 9 anos
Copito de neve, o único gorila branco do mundo, chega ao zoo de Barcelona. A súa cor
Actividades de Nadal de Normalización Lingüística 4 de 7
fai que acapare todas as miradas e aplausos das persoas visitantes, pero tamén provoca
o rexeitamento dos seus novos compañeiros gorilas, que non o aceptan como un dos
seus. Cando Copito descobre que a famosa Bruxa do Norte está de paso na cidade,
decide ir na súa procura para que lle dea unha poción que o converta nun gorila negro
normal e corrente.
27 de decembro
• O soño de Zalo
Auditorio Municipal do Concello (praza do Rei, 1)
As Maimiñas
Público familiar
Hora: 18:00 h (as portas abriranse ás 17:45 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
As Maimiñas somos Mai e Miña, ou o que é o mesmo, Lucía e Irene, dúas amigas que
un día decidimos facer unha longa viaxe na que vivimos un monte de aventuras. Nesa
viaxe atopámonos con Zalo, un cabalo moi simpático. Zalo non é un cabalo coma outro
calquera, non. Vive nunha granxa con outros animais e pasta na herba verde do prado,
pero el non quere ser un cabalo. El soña con ser outra cousa, pero claro, os soños son
soamente iso: soños... ou non?
28 de decembro
• Carola, a carteira centola
Centro de Visitantes das Illas Atlánticas (Palma, 4)
Polo correo do vento
Público familiar
Hora: 12:30 h
Protagonizado polos mariscos máis habituais da natureza galega (a centola, o lagostino,
a vieira, a ameixa, o camarón…), abordándose, ademais, os instrumentos e xéneros
musicais populares e a localización dalgúns dos faros da costa galega. Mestura a
narración dunha historia con ilustracións de personaxes mentres se está contando a
historia. Promover a lectura, a comprensión oral en galego e a creatividade dos nenos e
nenas son algúns dos obxectivos que queremos acadar con esta actividade.
29 de decembro
• Cantos de Reis
Local da Asociación veciñal do Casco Vello (Cánovas del Castillo, 2-baixo)
Xandobela
Público familiar
Actividades de Nadal de Normalización Lingüística 5 de 7
Hora: de 17:00 a 20:00 h
Información: na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura
do aguinaldo. Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas
tradicións orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e
costumes... Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para
acompañar os cantos.
30 de decembro
• Cine: Espírito do bosque
Verbum (Samil,17)
Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
Duración: 80 minutos
Todos os públicos: recomendado para nenos e nenas entre os 6 e os 8 anos
Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada e a malvada Sra.
D'Abondo ve a oportunidade perfecta para acabar co bosque. Os animais teñen que
fuxir, pero as toupas Furi e Linda e o rato Piorno non pensan renderse. E tampouco
Cebolo, unha toupa asustadiza que acaba de chegar á cidade.
2 de xaneiro
• Cine: Pinocho 3000
Verbum (Samil, 17)
Hora:17:30 h (as portas abriranse ás 17:15 h. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
Duración: 80 minutos
Todos os públicos: recomendado para público familiar
Gepetto consegue, coa colaboración do seu axudante de confianza pingüin-ciborg,
Spencer, crear a Pinocho. Pinocho é un robot moi especial, equipado cun procesador
P3k único que o dota da poderosa imaxinación dun rapaz. A pesar de que Gepetto
acepta de inmediato a Pinocho como a un fillo, o maior desexo do robot é converterse
nun neno de verdade. Pero primeiro debe aprender algunhas das calidades necesarias
para ser humano de verdade.
• Cantos de Reis
Galerías de AETRAVI (Galerías Gran Vía, 176 -Local 7 )
Xandobela
Público familiar
Hora: de 17 a 20 h
Na nosa tradición de Nadal percorríanse as casas da veciñanza na procura do aguinaldo.
Estes percorridos ían acompañados dos cantos de Reis, unha das nosas tradicións
orais. Nesta xornada coñeceremos esa tradición, as cantigas, ritos e costumes...
Aprenderemos como construír sinxelos instrumentos sonoros para acompañar os cantos.
3 de xaneiro
• Misterios de Nadal
Local da Asociación NovoVigo (As Teixugueiras, 11-P 6-entrechán, local 9B)
Polo correo do vento
Público familiar
Hora: 18:30 h
A investigador Pe e o seu inseparable can Magnum chegan a Vigo polo Nadal. E coma
sempre, atoparanse cun novo e misterioso caso. Estes intrépidos detectives, poderán
descubrir o misterio? ...elemental, querido Magnum!
3 e 4 de xaneiro
• Crebanoces
Verbum (Samill, 17)
Larraitz Urruzola
Público familiar
Hora: 12:30 (as portas abriranse ás 12:15. Prazas limitadas ata completar as
localidades)
O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann. No
espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser
interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario