mércores, 14 de marzo de 2012

CURSO LUDOTECAS

Dende a ESCOLA DE TEMPO LIBRE XARUMA, poñémonos en contacto con vos, para comunicarvos que durante os catro sábados de maio temos pensado realizar o curso de:

ORGANIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DE LUDOTECAS.(gratuíto)

Ímolo facer dentro do Plan de Formación da Xunta de Galicia .Polo que se vos interesa, debedes inscribiros a través da súa páxina: http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas.html
Plan de formación no eido do tempo libre 2012 PDF Imprimir
Os cursos están dirixidos a mozas e mozos en xeral; non obstante, terán preferencia aquelas persoas que posúan o título de monitor/a ou director/a de tempo libre no momento de realizar a solicitude.

     • Á solicitude poderase acceder na webwww.xuventude.net
     • A solicitude nos cursos efectuarase unicamente por vía telemática, no enderezo electrónicoformaciontempolibre.ctb@xunta.es  . Calquera solicitude que non se faga deste xeito considerarase desestimada.
     • As solicitudes deben chegar obrigatoriamente dende o correo persoal particular e deberá coincidir o enderezo electrónico dende o que se envíe a solicitude co que se indique como propio na solicitude do curso.
     • Non se poden facer varias solicitudes nun mesmo correo e tampouco de varias persoas, é dicir, cada curso debe solicitarse nun correo individual e propio.
     • Se queredes participar en varios cursos, teredes que facer unha solicitude individual por cada curso.
     • O feito de non cumprir coas premisas anteriores, suporá a eliminación das solicitudes.


Pasos que se seguirán para matricularse:

     • Solicitude debidamente cuberta xunto con:
         • Copia escaneada e visible do DNI por ambas as caras, en caso de que non risquedes a casa na solicitude onde se fai referencia á autorización expresa para a comprobación telemática deste.
         • Datos do voso título de monitor/a ou director/a de tempo libre:
             • Para aqueles títulos expedidos por escolas de tempo libre galegas a partir do ano 2000, é suficiente con que risquedes na solicitude este punto.
             • No caso de que estes títulos se expedisen antes do ano 2000, teredes que enviar a copia escaneada.
             • Se tendes o título doutras comunidades autónomas, tamén debedes enviar a copia escaneada.
     • Unha vez recibidas as solicitudes correctamente, asignarase directamente a praza no curso solicitado ata esgotar o total de prazas.
     • Comunicarásevos mediante correo electrónico ao voso enderezo a adxudicación da praza e o lugar e o día de comezo do curso, así como calquera outra particularidade de interese para vós.
     • No caso de que non poidades realizar o curso, cómpre que o comuniquedes na maior brevidade que vos sexa posible, co fin de que esa praza a poida aproveitar outra persoa interesada. Debedes comunicalo por correo electrónico.
     • En todos os casos, o prazo de inscrición nos cursos rematará quince días antes do inicio de cada un deles.


Importante:
En cada curso soamente se permitirá faltar o 10% do total de horas e, de incumprir esta condición, a persoa non terá dereito ao diploma.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado poderá anular calquera dos cursos de non poder reunir un grupo de xente suficiente para desenvolvelo.
Calquera dúbida que teñades sobre esta formación, podedes chamarnos ao: 981 957 057 .
Formulario de solicitude
Descarga o Plan de Formación no eido do Tempo Libre 2012


Escola Tempo Libre XARUMA

http://www.xaruma.org/  ou xaruma.es

698142158

(tardes, martes todo o día)

Apartado de Correos 3232

36205 VIGO

Ningún comentario:

Publicar un comentario