luns, 12 de setembro de 2011

BENVIDA AO NOVO CURSO ESCOLAR

Prezados/as amigos/as,

Un ano máis, dirixímonos a vós dende a CGENDL para desexarvos un bo inicio de curso e achegarvos moito ánimo para afrontalo con ilusión pese aos perigos que ameazan o sistema educativo, tamén no que respecta á normalización da nosa lingua.

É a nosa vontade volver compartir un intenso curso de traballo entre os equipos e docentes que formamos parte da Coordinadora e o conxunto da comunidade educativa. E tecer redes colaborativas que permitan partillar recursos, experiencias, actividades... mais iso precisa do compromiso de todos e todas.

Por iso, nun momento difícil no que a administración busca que calemos, animámosvos a reforzar os equipos nos centros, buscar o contacto cos máis próximos e fortalecer as coordinadoras comarcais que están en marcha ou poñer os cimentos doutras novas. Debémosllelo aos docentes que desenvolveron un inxente labor normalizador neste vinte anos dos equipos e, sobre todo, ao noso alumnado, para construírmos con eles o futuro do noso idioma.

Nos arquivos anexos anexamos diferentes modelos de calendarios do curso 2011-2012, que tamén podedes decargar da nosa páxina. Se algún de vós os quere personalizar co nome do centro podedes solicitalos en formato excell.

Saúdos normalizadores

Consello Directivo
Coordinadora Galega de ENDL

Ningún comentario:

Publicar un comentario