luns, 12 de setembro de 2011

ACTIVIDADES DO VERBUM

Estimados /as compañeiros /as,

Botado a andar o novo curso escolar, dende o departamento educativo e de acción cultural enviámosvos o Programa Educativo do Verbum Casa das Palabras co fin de que o teñades en conta á hora de programar as vosas saídas escolares e actividades da aula para as que ben seguro que o noso programa servirá de apoio.

Podedes facer as reservas a través do teléfono 986 240 130 ou ben enviando unha consulta de dispoñibilidade por correo electrónico remitindo os datos que vos pedimos na última folla do programa.

Para calquera dúbida ou aclaración non tendes máis que pórvos en contacto con nós.

Saúdos cordiais,

Marián Otero

Verbum - Casa das Palabras

Concellería de Cultura
Concello de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario