xoves, 1 de setembro de 2011

CONVOCATORIA DE CLUBES DE LECTURA NOS CENTROS EDUCATIVOS

DICCIONARIO DA PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA

Este dicionario ten a finalidade de ofrecer un modelo de pronuncia da lingua galega, na súa variedade estándar, nun rexistro formal e cun ritmo normal de fala.

NOVAS SOBRE AS SUBVENCIÓNS PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA

NOVAS DE GALAXIA

A Editorial Galaxia puxo no mercado nos últimos meses case un cento de títulos, clásicos e contemporáneos, para a descarga dixital. Unha parte moi importante do crecemento da oferta editorial do ano 2010 (un 28,6 % máis ca no ano anterior) débese a esta iniciativa desta editora, que traballa na construción dun catálogo propio para as novas tecnoloxías.
Animámosvos a botar un ollo neste enderezo!

Deporte Inglés

Aquí vos deixo un proxecto de Antonio Romaní que pode ser do voso interese ao longo do curso escolar. Trátase de practicar deporte ao ar libre e practicar inglés.

luns, 25 de xullo de 2011

IN VINO VERITAS


In vino veritas é un proverbio latino, cuxo significado podería traducirse como "no viño está a verdade". Tamén é coñecida a frase " ν ον λήθεια", procedente do grego, cuxo significado é o mesmo. A frase completa sería "In vino veritas, in aqua sanitas" ("No viño está a verdade, na auga a saúde")
O autor da frase latina é Cayo Plinio Cecilio Segundo, máis coñecido como Plinio o Vello, mentres que a frase grega atribúese a Alceo de Mitilene.
Esta frase volve á actualidade por ser o título da nova novela de Francisco Castro.
In vino veritas segundo Francisco Castro é unha novela “furiosa” na que o autor intervén nun diálogo directo co lector, facendo uso dun recurso estilístico de seu ao que nos ten acostumados noutras obras como Spam ou Memorial do infortunio. A novela está protagonizada por Xulio Míguez, un detective sen vocación, amargado, namorado e solitario, que recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido nos ambientes do sadomasoquismo máis tétrico. Ao tempo que se desenvolve a intriga principal, a novela pescuda nos límites da convención social levando ao lector polos escenarios da burguesía cidadá, facendo fincapé na visión que esta clase social ten da realidade que nos rodea. O detective Míguez serve ao autor para sacar á luz algunhas das corruptelas da sociedade contemporánea, “na que os medios de comunicación e os intereses empresariais mestúranse cos baixos instintos”, e tamén para facer unha crítica aberta e realista dunha sociedade que adoece de valores críticos, e asiste impasible á imposición de novos valores impostos desde o poder político a través dos medios de comunicación de masas, case reconvertido no primeiro poder, e que transmite que os contravalores son os valores positivos que a nova sociedade debe desenvolver: non pensar, berrar, insultar, revolver nas miserias máis profundas dun ser humano, sexan certas ou non, faltar á verdade e ao rigor moral e xornalístico, asistir impasible ao “ todo vale para conseguir cartos doadamente sen traballar ”,  é dicir:  “ á parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida” e que Castro nesta novela trata de espabilar.

Recomendamos a súa lectura por mor de espertar o sentido crítico que temos agachado trala "dolce far niente" que nos impón a sociedade actual. Un libro para pensar e debater nas aulas e fóra delas.

sábado, 23 de xullo de 2011

DÍA DA PATRIA GALEGA. HISTORIA.

O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior. O Día Nacional de Galicia, coñecido tamén popularmente como Día Nacional da Galiza, Día da Galiza, Día de Galicia, Día da Patria ou Día da Patria Galega, é a festa oficial do país galego, segundo decreto da Xunta de Galicia de 1979. Celébrase o día 25 de xullo, día da festividade do apóstolo Santiago o Maior.
As orixes desta celebración remóntanse a 1919, data na que se xunta en Santiago de Compostela a Asemblea das Irmandades da Fala, que acordan celebrar o Día Nacional de Galicia o 25 de xullo do ano seguinte.
Durante a ditadura franquista, as sociedades galegas da emigración continúan esta convocatoria, e na Galiza o galeguismo concéntrase ó redor da tradicional misa por Rosalía de Castro na igrexa de Santo Domingo de Bonaval. Amais, durante esta época o día institucionalízase como festa oficial en toda España, baixo o nome de Día do Patrón de España, cun marcado carácter relixioso, aínda que trala transición deixou de ser oficial en todo o país.
En 1968 volveuse celebrar de novo, cunha manifestación na Alameda de Compostela. Serán o Partido Socialista Galego (PSG) e a Unión do Povo Galego (UPG) os que se manifesten de forma clandestina para conmemorar o Día Nacional de Galicia que remataban con fortes enfrontamentos coa policía franquista, e coa entrada na democracia seguíronse a prohibir as manifestacións da AN-PG (Asemblea Nacional-Popular Galega) e BN-PG, xermes do actual Bloque Nacionalista Galego. Até mediados dos anos oitenta non foi permitida a manifestación do Día da Patria con normalidade democrática, sendo hoxe o acto máis multitudinario de todas as celebracións que teñen lugar o 25 de xullo na capital galega. Actualmente os diferentes partidos nacionalistas da Galiza seguen a convocar manifestacións para ese día, baixo a denominación de Día da Patria, nas cales fan reflexións no tocante á situación política galega.

DÍA DA PATRIA GALEGA

O 25 de xullo celebrámo-lo día do noso país, unha data de fondo contido histórico que supón, en palabras de Castelao, "a festa maor de Galicia, a festa de todol-os galegos".
Para conmemorarnos esta data, Vieiros ven reproducindo dende o pasado 16 de xullo as proclamas publicadas no periódico A Nosa Terra, con motivo do Día de Galicia, no período comprendido entre 1920 e 1935.

Podedes lelas  facendo click no título ou no seguinte enderezo: http://vello.vieiros.com/25xullo/25xullo.html

xoves, 14 de xullo de 2011

PARTICIPACIÓN NO CELRM

O pasado 6 de xullo a CGENDL participou en Madrid na rolda de reunións que o Comité de Expertos da Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) mantivo coa administración e diferentes institucións e colectivos do ámbito da defensa e promoción da lingua galega para avaliar o cumprimento da CELRM por parte do Estado español durante o período comprendido entre os anos 2006 e 2010. A Coordinadora considerou importante facer oír a voz dos equipos nese foro e trasladarlles aos representantes europeos a nosa análise sobre a situación do idioma no ensino. Podedes consultar o informe e o dossier de prensa presentados en: 

VINTE ANOS DE ENDL. RESUMO. MONTAXE DOS TRABALLOS.