martes, 6 de febreiro de 2018

LUDOTECA LINGÜÍSTICA: FORZA 3


A Concellería de NL, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego dirixida á poboación escolar.

- Ludoteca lingüística: Forza 3

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos populares, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico e en relación co currículum de Educación Física e Lingua Galega. Con formato de gran feirón, os rapaces/zas terán que ir superando as distintas probas que se lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.

Achegaremos, xunto coa actividade, "Bota e rebota e cae na túa boca". É un manual dirixido ao profesorado de Educación Física co obxectivo de incorporaren actividades de dinamización lingüística e do fomento do galego nas súas programacións didácticas.
"Bota e rebota..." achega propostas eminentemente prácticas relacionadas cos bloques de contidos das áreas de E.F. e Lingua e Literatura Galegas.


Duración: 1 hora e 30 minutos

Dirixido a: alumnado de primaria (5.º)


Lugar de realización da actividade: no propio centro de ensino (obrigatoriamente nas instalacións deportivas do centro) para calquera dúbida sobre este tema poden consultar con Nerea Couselo 649 70 21 94)


Para solicitar a actividade é necesario enviar cuberta, a solicitude que se achega, o día 5 de marzo ao correo electrónico actividades.snl@vigo.org
As solicitudes, enviadas por correo electrónico, atenderanse por estrita orde de chegada o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Os obradoiros concederánselles, en primeiro lugar, aos centros de ensino nos que a actividade non foi impartida o pasado curso escolar.

Normalización Lingüística / Praza do Rei, 1 -36202 -Vigo- / Telf.: 986 81 02 81
Solicitude de participación na actividade:
Ludoteca lingüística para primaria (5.º)

Cubrirase unha ficha por cada un dos grupos que desexen participar na actividade. Débese remitir esta solicitude ao correo electrónico: actividades.snl@vigo.org o día 5 de marzo a partir das 9:30 e até as 14:00 (deben poñer no asunto: ludoteca lingüística)

Importante:         non se aceptarán as solicitudes que non estean correctamente cubertas (obrigatorio cubrir todos os campos).

DATOS DO CENTRO DE ENSINO:

Nome do centro: _________________________________________________________

Nome e apelidos da persoa de contacto: ______________________________________
-Durante a actividade é obrigatorio que estea presente o/a titor/a do grupo que desenvolve a actividade-

Teléfono de contacto: __________________

Número máximo de participantes nun grupo: 50


Indicar a preferencia (de 1 a 10) para a participación na actividade.


Non marquen os días nos que non poidan recibir a actividade, porque de se lle outorgar e non poder recibila, non se facilitará outra data.


_____ 15 marzo (xoves), ás 10:00                      _____ 20 marzo (martes), ás 10:00
_____ 15 marzo (xoves), ás 12:30                      _____ 20 marzo (martes), ás 12:30
_____ 16 marzo (venres), ás 10:00                     _____ 21 marzo (mércores), ás 10:00
_____ 16 marzo (venres), ás 12:30                     _____ 21 marzo (mércores), ás 12:30
_____ 19 marzo (luns), ás 10:00
_____ 19 marzo (luns), ás 12:30


Importante:        a Concellería de Normalización Lingüística confirmará -por correo electrónico- a cada centro o/s grupo/s admitido/s, con indicación do día e a hora adxudicado/s.

Ningún comentario:

Publicar un comentario