luns, 28 de setembro de 2015

MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL E DA CDEDLG DE VIGO

Prezados/as amigos/as,

Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós para, en primeiro lugar, darvos azos para este novo curso. Tamén queremos animarvos a, un ano máis, darlle continuidade ao traballo normalizador que estamos a desenvolver entre todos/as, e -ao mesmo tempo- partillar recursos, actividades e experiencias que redunden nese labor.  E non debemos esquecer facerlle chegar á administración as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola normalización do galego no ensino.

Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
  • Por outra banda, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia organiza os XVII Encontros para a Normalización Lingüística os vindeiros 15 (de tarde) e 16 de outubro (todo o día) en Santiago de Compostela. O profesorado que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. En breve, enviaremos información detallada e atoparedes na páxina do Consello da Cultura Galega o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL


Ningún comentario:

Publicar un comentario