martes, 16 de setembro de 2014

MENSAXE DE BENVIDA DA CGENDL

Prezados/as amigos/as,
Dende a CGENDL retomamos a comunicación con vós neste comezo de curso para dar continuidade ao labor normalizador que desenvolvemos entre todos/as. Un ano máis, procuraremos canalizar cara á administración as demandas dos Equipos e de todos/as os/as docentes que apostamos pola normalización do galego no ensino, así como partillar recursos, actividades e experiencias que redunden nese labor.
Neste primeiro correo, aproveitamos para para informarvos de novos materiais e dunha nova cita formativa de interese:
  • Calendarios e materiais de planificación do curso: na nosa páxina podedes descargar o calendario escolar 2014-2015 (para os distintos niveis e en varios formatos e temporalizacións) e axendas escolares elaboradas por docentes, servizos de normalización, etc. http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rec_calendario.php
  • XVI Encontros para a Normalización Lingüística: o CDSG do Consello de Cultura organiza unha nova edición destas xornadas os vindeiros 24 e 25 de setembro en Santiago de Compostela para analizar as políticas lingüísticas e a evolución dos diferentes procesos de normalización das linguas cooficiais. O profesorado que forma parte da CGENDL ten preferencia na inscrición. Na páxina do CCG atoparedes o programa e o formulario de inscrición: http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200202
  • Renovación das adscricións. Pedímosvos que nos informedes dos cambios que se producen á fronte dos Equipos e que lles indiquedes ás novas persoas coordinadoras que se poden adscribir á CGENDL en http://coordinadoraendl.org/limiar.php?pax=rexistro_rex.php.
Sen máis, animámosvos a retomar o traballo normalizador con enerxía, ilusión e alegría, como a que mostran os nenos e nenas do CEIP de Sárdoma neste traballo do seu Equipo de Normalización: http://youtu.be/zG9PZPZinuk.
Saúdos normalizadores
Coordinadora Galega de ENDL

http://coordinadoraendl.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario