Estimados/as amigos/as:
Esperamos que gozárades das vacacións e que repoñerades forzas para este novo e difícil curso que agora comezamos.
Como ben sabedes, foron convocadas eleccións ao Parlamento Galego para o 21 de outubro. Desde o Consello Directivo da CGENDL consideramos que é preciso facer un balance destes case catro anos de política lingüística da administración galega e, ao mesmo tempo, avanzar as nosas propostas para a normalización do galego.
É por iso que vos pedimos que, se o considerades oportuno, nos enviedes:
- As vosas consideracións sobre a política lingüítica desenvolvida polo goberno que agora remata mandato.
- Propostas de mellora da situación da nosa lingua no ensino, e na sociedade en xeral, que debemos facer desde a CGENDL.
Con estas ideas elaboraremos un documento que será remitido aos partidos politicos galegos e aos medios de comunicación para que se coñezan as propostas da CGENDL para avanzar na normalización da nosa lingua.
Pregámosvos que nolas fagades chegar desde hoxe mesmo até o 12 de setembro.
Recibide un cordial saúdo.
Consello Directivo
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario