A CGENDL convoca o premio Leixaprén de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega , unha actividade aberta á participación de todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino na que vos convidamos a participar antes do remate do prazo , xoves 17 de maio , día das Letras Galegas.
Nas bases (tamén en http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/ ), establécese que os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega en diferentes ámbitos de actuación.
O Comité de Selección orientou o galardón nesta edición cara ao Ámbito Económico e Empresarial en consonancia co perfil profesional de Valentín Paz-Andrade e coa iniciativa "Empresa en Galego" que lanzou a CGENDL: http://www.coordinadoraendl.org/empresaengalego . As candidaturas preseleccionadas son: A-1 Seguridade, Alimentos Amorodo, Imaxín Software, Bodegas Martín Códax e R Telecomunicacións.
A votación realízase a través de http://www.coordinadoraendl.org/premioleixapren/ e da persoa que coordine o Equipo do voso centro, que deberá utilizar o enderezo electrónico que deu para adscribirse á CGENDL. Para resolver calquera problema ou facer as vosas consultas non dubidedes en dirixirvos a correo@coordinadoraendl.org .
O premio será entregado o sábado 26 de maio no decurso dun xantar (25€) que terá lugar ás 14.30h no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela: as persoas interesadas xa poden confirmar asistencia. A partir desa data estará disponible o libro XX anos dos Equipos de Normalización Lingüística .
Saúdos normalizadores
CGENDL
Ningún comentario:
Publicar un comentario